Blue Flower

O kettelbell ou pesa rusa

O kettlebell tamén chamado "pesa rusa" ou "girya" no seu lugar de orixen, podémolo atopar por primeira vez nun texto en 1704. Era de metal e usábase orixinariamente en rusia para pesar as ventas de cereais ou productos da terra. Os labregos rusos do século XVIII e XIX acudían as feiras onde se producían as ventas e os intercambios de productos, alí fixéronse famosas as probas de forza nas que se comezaron a usar os kettlebells( os pesos que tiñan a man).

Kettlebell

Máis adiante comenzáronse a usar en circos ( os típicos forzudos) e pouco máis tarde cun propósito ben diferente: o adestramento. A comezos do século XX fabricábanse con balas de canón, o que lles deu ese aspecto característica que ainda se mantén na actualidade. A cuberta que ahí os poño é de 1910, un tratado de forza da época.

Kettlebell bulgaria

Isto é un poster explicativo dos anos 30, orientado o adestramento do exército búlgaro. Co paso do tempo, o traballo foi evolucionando, pero como podedes ver na imaxen, os exercicios clásicos non difieren moito dos actuais. 

Nunca se abandonou totalmente no adestramento deportivo pero a principios do século XXI popularizouse grazas a métodos modernos que integran exercicios variados como o Crossfit.