Blue Flower

 

O método TTC ( Traballa o teu corpo)

Desenvolvemos unhas liñas de traballo que guían toda a planificación da túa actividade física.

Objetivos

1. Saúde

2. Mellora persoal

3. Desenvolvemento físico

A saúde é o noso fin prioritario, tódolos medios e métodos que usamos no adestramento teñen implícita esa liña vermella que non cruzaremos nunca. Non tomamos atallos que poidan plantexar algún risco para a saúde, nin nos adestramentos, nin nos cambios dietéticos, nin nos hábitos de vida.

mellora persoal é un concepto amplo no que incluímos as dúas vertentes: física e psíquica. O benestar mental vai ligado a un cambio de hábitos, unha mellor dieta e unha regulación programada para avanzar no teu traballo físico, todos estes factores redundarán nun mellor equilibrio e un avance na túa vida.

O desenvolvemento físico por suposto é a parte principal do método TTC, mellorar a estructura muscular, os parámetros básicos da condición física, a forza, a resistencia, a flexibilidade e a velocidade. Traballamos os diferentes aspectos para lograr unha mellora armónica e duradeira que leva a unha superior calidade de vida ou unha elevación do rendemento deportivo. 

 

Metodoloxía

1. Todo tipo de medios e métodos de adestramento

2. Adaptación as túas circunstancias

A variación é un aspecto clave, por eso usamos todo tipo de traballos diferentes. Os nosos programas non están limitados polos tipos e sistemas de adestramento. Tanto podemos usar exercicios ou métodos de adestramento que estén máis de moda, coma outros que se usan dende principios do século XX. Pelexaremos por alcanzar los obxectivos usando tódalas ferramentas que a ciencia, a investigación e a experiencia déronnos durante tantos anos.

A adaptación é fundamental. Non cremos en enviar un listado de adestramentos estándar. Para achegar la actividade física a tódalas persoas, independientemente dos seus recursos materiais, cidade na que habitan, experiencia deportiva, doenzas físicas, etc, o que facemos é adaptar os adestramentos diarios a todas estas condicións.Ademáis son circunstancias que poden cambiar, dun día para outro pode ser que adquiras un novo material, ou que atopes unha mellor zona de adestramento, ou que teñas unha molestia despois dunha longa tarde de traballo sentado nunha cadeira, o teu adestrador cambiará a tua programación e a túa sesión de adestramento según todos estes factores.