Tonficación xeral
Se o que desexas e manter un bo tono muscular, un bo nivel de axilidade e flexibilidade e con todo esto sentirte mellor cada día e libre das pequenas molestias que provoca a inactividade e o sedentarismo.
Adelgazamento
Se tes problemas para controlar o teu peso corporal, o teu adestrador persoal valorará as opcións e decidirá se e suficiente aumentar o exercicio físico que fas ou se debes añadir o este traballo cambios nutricionais ou de hábitos.
Recuperación / Readaptación
Cando tes pasado un tempo de inactividade, unha lesión que te limitou a actividade física, unha recuperación tras un embarazo ou unha doenza física que te acompaña tódolos días, este será o teu programa. Os adestramentos serán moito máis específicos para recuperarte dos problemas e conseguir volver a estar en boa forma.
Musculación
As túas metas incluén un un fortalecimiento muscular hasta conseguir mellorar os teus niveis de forza e potencia. Traballaremos sobre grandes grupos musculares sen descoidar o traballo de mobilidade e os principios básicos de Traballa o teu corpo.
O atleta total
Con este sistema de traballo buscamos crear o atleta perfecto, unha combinación de forza, velocidade, resistencia e axilidade, capaz de afrontar calquer reto deportivo que queira. Un corpo saudable e capaz de salir a correr, de levantar pesos ou de practicar calquera deporte. Este programa é a nosa meta final para todos vos, pelexaremos por alcanzar tódalas nosas potencialidades.
Rendemento deportivo
Mellorar algún aspecto físico no deporte que fas ou integrar unha preparación física máis eficaz que te axude a conseguir mellores resultados deportivos na túa especialidade.
Tódolos programas se poden combinar e adaptar e están rexidos polos principios de Traballa o teu corpo que podes consultar aquí