Blue Flower

Cómo me podo rexistrar?

Podes usar o formulario de contacto e contestaremos a tódalas túas dúbidas . Pica aquí.

Como podo darme de baixa?

Non tes que facer nada, unicamente indícanolo, non aceptamos domiciliacións bancarias, en calquera intre se no estás conforme co noso traballo podes deixar de ingresar a túa cuota mensuale o teu adestrador persoal darache unhas recomendacións para continuar con bos hábitos deportivos sen a nosa axuda. 

Calquera persoa pode traballar con vos e facer actividade física?

Si, independentemente das condicións de partida, tanto se eres novato na actividade física ou se levas toda a vida facendo deporte coa nosa axuda chegarás a un novo nivel. Se por exemplo saes dunha enfermidade ou dunha lesión axudarémoste a voltar a unha boa dinámica de actividade física.

Necesito algún tipo de material ou instalación?

O que teñas na casa será bastante, ou si o desexas podes adquirir algún material que che guste, o teu adestrador adaptará o traballo os teus medios. O mesmo ocurre coa instalación, podes traballar na tua habitación ou nun ximnasio, ou nun parque, o adestramento deberá adecuarse as posibilidades que ti teñas ou o lugar onde vivas.